Onte Samara cumpriu anos, asi que ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!
jueves, 17 de junio de 2010
sábado, 29 de mayo de 2010
Cumpreanos
Onte foi o cumpreanos de Laura e Marta, que tamén alcanzaron os seis anos.
FELICIDADES GUAPAS!!!
martes, 25 de mayo de 2010
Bombeiros
Despois de aplazala dúas veces, hoxe, por fin, fixemos a visita aos bombeiros de Porriño. A pena é que o tempo non acompañou e non puidemos xogar coa espuma, pero, aínda así, pasámolo moi ben. Os bombeiros que nos acompañaron eran moi simpáticos, e mostráronnos a súa casa (porque é como unha casa de verdade, con dormitorio, cociña, sala...), a súa aula, as barras por onde se deslizan cando teñen que saír a atender un aviso, que se chaman cucañas, os camións, e ata o seu can, que se encarga de buscar a xente baixo os escombros. Ademáis puxéronnos un video de Mickey bombeiro moi gracioso e outro onde aprendemos o que temos que facer se hai un incendio na nosa casa, e o máis divertido, deixáronnos subir ao camión e tocar a sirena.
domingo, 23 de mayo de 2010
Teatro
O venres tivemos unha saída ao teatro Caixanova para ver a obra de teatro "Me duele el caparazón". Trataba sobre unha tartaruga pequena que tiña dor no caparazón, e os seus pais decidiron levala a ver ao caparazólogo, pero a ela dáballe moito medo. Despois dunha longa viaxe para ver ao médico déuse conta que era moi simpático e non tiña nada que temer porque a ía curar sen causarlle dor. Estivo moi entretida e gustóunos moito.
sábado, 1 de mayo de 2010
Alfareiro
O mércores aprendemos o que é un alfareiro. O papá de Noa, da clase de catro anos é alfareiro e ofreceuse a vir a ensinarnos as cousas que fai. Fixonos unha pelota e tamen unha xarra, e despois cada un de nós fixo unha xoaniña, aínda que saíron un pouco raras porque pintámolas de cores: verde, azul, amarelo. A algún tamén lle deu tempo a facer algunha outra cousa: un caracol, un cocodrilo, unha bolboreta...Pasámolo moi ben e ademáis encantóunos ver como funciona o torno e as cousas que se poden facer con él.
sábado, 17 de abril de 2010
Cumpre, contacontos e entrega de diplomas
Onte foi un día moi axetreado e temos moitas cousas que contarvos.
En primeiro lugar, onte foi o cumpreanos de Pedro, que xa chegou aos seis. FELICIDADES!!
Ademáis, tamén nos visitou un contacontos que nos falou do conto de "Cormarín", que xa viramos en clase e para o que fixemos un mural moi bonito, entre outras cousas, e que traía con él a un amigo moi especial, xa veredes.
E, por último, dicirvos que MercaMos botou o peche despois de varias semanas de mercar e vender, e como traballamos tanto, cada un de nós recibiu un diploma que así o acredita. Qué pena nos da, co que nos gustou esta experiencia!
jueves, 8 de abril de 2010
domingo, 28 de marzo de 2010
DEGUSTACIÓN
O venres en MercaMos houbo degustación de produtos das distintas tendas, na panadaría houbo tarta de queixo, de piña, pan e empanada; na charcutería diversos embutidos; na carnizaría salchichas, tetilla e nata montada; na peixaría atún e mexilóns; na frutaría unha rica macedonia e na verdularía empanada de champiñóns, quiche de espinacas e tortilla con pementos. Na hora da merenda salimos a probar de todo un pouco, "puxémonos as botas", estaba todo delicioso. Isto hai que repetilo!!
jueves, 25 de marzo de 2010
Cumpreanos
lunes, 22 de marzo de 2010
Día da Poesía
Hoxe celebramos o día da poesía cun acto no salón de usos múltiples. Tódolos nenos e nenas do cole recitamos as nosas poesías. Esta é a nosa, a ver si vos gusta:
Antón comilón,
come, come, comilón
come pan y come queso,
chocolate y caramelo.
Antón comilón,
come, come, comilón,
en la panadería
come bollos y rosquillas,
y en la pastelería
todo, todo comería.
Antón comilón,
come, come, comilón,
come azúcar y turrón,
come, come, comilón.
martes, 16 de marzo de 2010
Títeres
Hoxe asistimos a unha representación de títeres de Tanxarina á que nos invitou o concello. Trataba acerca do circo e estivo moi divertida, ata unha nena de terceiro saiu para colaborar nun número e case queda sen nariz, todo de broma claro.
lunes, 15 de marzo de 2010
GRAN INAUGURACIÓN
O venres o director inaugurou oficialmente o noso mercado: MERCA-MOS. Como vedes temos de todo, verdulería, froitaría, carnizaría, peixaría, charcutería e panadería-pastelaría. Durante os vindeiros días dedicarémonos a mercar e vender os produtos que fixemos nós mesmos, co diñeiro que elaboramos para elo. Primeiro fixemos un ensaio no noso posto para ver como nos desenvolviamos e, a partires de hoxe, xa podemos mercar en todos os postos. ¡Ímolo pasar de medo!
viernes, 12 de marzo de 2010
Saída a Telepizza
Onte tivemos unha saída a telepizza e gustounos un montón. Primeiro contáronnos a historia da pizza, e despois de lavar as mans, estivemos vendo as instalacións, o almacén, o frigorífico, q era enorme e nos metemos dentro, e a centralita de teléfonos. Logo, cada grupo fixo a súa pizza, estiramos a masa, e traballamos en cadea, igual que fan eles, xa que cada un botóulle un ingrediente: primeiro o tomate, logo o queixo e despois cada un o que quiso. O mellor foi que despois comemos as pizzas feitas por nós, e a verdade é que así saben moito máis ricas, algún case empacha.
jueves, 4 de marzo de 2010
Taller de Repostería
Hoxe tivemos sesión de reposteria, fixemos uns brownies de chocolate que estaban riquísimos, e unha tarta de piña para chupar os dedos. E non pensedes que o fixo a mestra eh?, fixémolo todiño nós, encántanos cociñar, e comelo moito máis. Tiñamos que facelo todalas semanas. UMMMMMM!!!
miércoles, 3 de marzo de 2010
Facemos pan
Hoxe fixemos pan, e pasámolo de medo. Mezclamos os ingredentes, amasamos, démoslle forma ao noso pedazo, puxémoslle a inicial e logo mtémolo a cocer no forno. Saiunos riquisisimo, ummmmm!!!!!
martes, 2 de marzo de 2010
MERCA-MOS
Como xa sabedes comezamos un proxecto sobre o mercado, e a nosa aula escolleu a panadería e pastelaría. Durante estes días estamos a coñecer cousas sobre os produtos que se venden nela. Onte comemos un biscoito riquísimo que trouxo Sergio Troncoso e uns paliños de pan que trouxo Sergio Pinheiro, estaban boísimos. Hoxe fixemos unha degustación de pan, probamos o pan de millo, de centeo, de centeo con pasas, de cereais e de allo. Estaban todos moi bós, pero o que máis éxito tivo foi o pan de allo, e iso que picaba un pouco.
sábado, 27 de febrero de 2010
Escultor
Onte veu ó cole o escultor Marcos Escudero a darnos unha charla sobre o seu traballo. Ensinounos as ferramentas que utilizan os canteiros e os seus nomes, explicounos como o fan e tamén trouxo algún dos seus traballos, ademáis de fotografías de outros moitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)