martes, 22 de diciembre de 2009

Cumpreanos

O vindeiro 27 de decembro é o cumpreanos de Julen pero como estaremos de vacacións celebrámolo hoxe por adiantado. Moitas Felicidades!!! Marcos de fotos. Garfield
O venres foi un día completo, primeiro fomos de excursión o parque de bolas Indiana Bill, onde nos fartamos de xogar arriba e abaixo sen parar, acabamos esgotados. E, para rematar, viñeron á escola os Reis Magos para recoller a carta que lle escribimos para pedir os nosos agasallos, a verdade é que impresionaban, eran moi grandes e levaban uns traxes moi bonitos. A Laura asustárona un pouco e botouse a chorar,é que velos así tan de preto ...

miércoles, 16 de diciembre de 2009

PROXECTO DO SISTEMA SOLAR

COMO XA REMATAMOS O PROXECTO DO SISTEMA SOLAR, AQUÍ TEDES UNHA RECOPILACIÓN DE IMAXES DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS Ó LONGO DESTE TEMPO E QUE TANTO NOS GUSTARON.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Día triste

Hoxe este blog está de loito. É un día moi triste para toda a comunidade educativa do CEIP Pena de Francia. A filla do mestre Celso apareceu morta está mañá cerca da súa casa.
Suspéndense as clases de mañá en apoio do noso compañeiro. Acompañámolo no seu sentimento e estamos a súa disposición para o que precise. Un abrazo moi forte para él e a súa familia.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Planetario Móvil

Onte veu ó cole un planetario hinchable e gustounos moito. Para entrar tiñamos que levantar moito a perna, algún case caiu ó chan. Sentámonos todos no chan e apagaron as luces. Vimos un montón de cousas: o sol e os planetas, as fases da lúa, as estrelas e as constelacións, os movementos da Terra. O que non sabía o monitor que nos explicaba todas estas cousas era que nós xa as tiñamos máis que resabidas, por algo levamos dous meses co proxecto do Sistema Solar, deixámolo abraiado, é que somos moi listos.

jueves, 26 de noviembre de 2009

A LÚA

Onte e hoxe estivemos aprendendo cousas da lúa, dos astronautas e das naves espaciais. Sabemos que a lúa ten varias fases , que xira ó redor da terra, que está cuberta de cráteres; tamén sabemos os nomes dos astronautas que pisaron a lúa por primeira vez, que deixaron unha pisada que non se borra, e como se chaman as naves nas que viaxan ó espacio. Ademáis, estivemos vendo un pouquiño da película "Vamos a la luna", onde tres moscas fan unha viaxe para ver a lúa.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

TRANSLACIÓN E ROTACIÓN

Onte comezamos a traballar o noso planeta, A TERRA, e a que non sabíades que a Terra xira ó redor do Sol facendo dous movementos, o de rotación e o de translación, pois sí, son os que explican por qué hai día e noite, e as catro estacións. Para comprendelos mellor convertímonos en Sol e Terra, un facía de Sol e estaba quieto e outro facía de Terra imitando os dous movementos, andando ó redor do sol e rotando sobre sí mesmo, foi moi divertido, aínda que nos mareamos un pouquiño.

jueves, 12 de noviembre de 2009

O Magosto

Onte celebramos o magosto, e como estamos a traballar o Sistema Solar e o universo, este ano fixemos un magosto espacial. Para poñer na cabeza fixemos unha diadema cunha castaña con cara de extraterrestre, e tamén decoramos un tetra brik para coller as castañas. No pavillón fixemos un montón de xogos: soprar a unha boliña de papel por un camiño, buscar a castaña prateada, encestar as castañas, fecer un circuito dándolle á castaña cun pau, pinchar follas de árbore nun pauciño, pasámolo requetebén. Despois cantamos todos xuntos as cancións do magosto e, o mellor de todo, comemos as castañas que estaban BOÍSIMAS.

sábado, 7 de noviembre de 2009

Decoramos a entrada

Estivemos facendo un sistema solar para decorar o pasillo, a cada clase tocóulle facer un planeta, nós fixemos a Xúpiter. Primeiro puxemos trozos de papel maché nun globo, cando estivo seco píntamolo e xa o tiñamos listo para colgar. Quedou moi ben a entrada da escola, ¿non vós parece?

jueves, 5 de noviembre de 2009

Saturno

Estivemos decorando a Saturno e os seus aneis. Fixemos boliñas de papel celofán amarelo e vermello e pegámolas no planeta; e os aneis pintámolos con témpera dourada e brillante, quedou xenial.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

CLUBE HÍPICO ALAZÁN

Onte visitamos o clube hípico Alazán e pasamolo de rechupete. Primeiro montamos a cabalo para dar unha voltiña, gustóunos moito, bueno, menos a Laura, que colleu un pouco de medo. Despois soltaron tres cabalos moi bonitos que non pararon de correr todo o rato. Tamén visitamos as cadras e puidemos acariñar ós ponies e cabalos. Aprendemos qué comen, onde durmen, e como se chaman os aparellos que se usan para montar. E ademáis regaláronnos unha camiseta moi chuli.

sábado, 31 de octubre de 2009

DEBUXOS ESPACIAIS

Esta semana na sesión de informática estivemos facendo debuxos espaciais na pizarra dixital cun novo programa que descubrimos, pasámolo superben, non queríamos deixar de debuxar, soubo a ben pouco, a ver se a semana que ven podemos facelo outra vez.

SAMAÍN

Con motivo do Samaín trouxemos un montón de cabazas decoradas con ideas do máis imaxinativo, quedou unha exposición de medo.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Cumpreanos

Hoxe Xiana cumple 5 anos. ¡MOITAS FELICIDADES! Marcos de fotos. Tale Beauty

lunes, 19 de octubre de 2009

CUMPREANOS

Hoxe é o cumpreanos de Sergio Troncoso , xa ten 5 anos, trouxo uns caramelos moi ricos. ¡FELICIDADES! Marcos de fotos. Captain Jack

jueves, 15 de octubre de 2009

MIRAMOS O SISTEMA SOLAR

O primeiro que fixemos para adentrarnos no Sistema Solar, foi ver videos sobre o tema. Na pizarra dixital fixemos unha viaxe en cohete coñecendo os distintos planetas, o sol e a lúa, tamén fixemos algunhas actividades. E no ordenador da clase buscamos en internet cousas sobre o tema, e tamén vimos un dvd moi divertido que trouxo Pedro sobre o espacio.

sábado, 10 de octubre de 2009

VOLTAMOS

lunes, 22 de junio de 2009

Fin de Curso

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more Xa remata o curso, hoxe foi o festival coas distintas actuacións, nós bailamos unha canción dos pitufos, a verdade é que saiu moi ben, aínda que ó principio houbo algúns problemas técnicos.

miércoles, 17 de junio de 2009

Excursión a Salvaterra

Onte fomos todo o cole de excursión ó parque da Canuda en Salvaterra. Pasámolo moi ben aínda que fixo moito calor e chegamos cansadísimos. Estivemos xogando no parque, demos un paseo en barca, vimos os patos e cisnes, e tamén os outros animaliños. Despois xantamos todos xuntos á sombriña, e xogamos outro pouco, antes de voltar á escola.