sábado, 27 de febrero de 2010

Escultor

Onte veu ó cole o escultor Marcos Escudero a darnos unha charla sobre o seu traballo. Ensinounos as ferramentas que utilizan os canteiros e os seus nomes, explicounos como o fan e tamén trouxo algún dos seus traballos, ademáis de fotografías de outros moitos.

jueves, 18 de febrero de 2010

Cumpreanos

Hoxe celebramos o cumpre de Lucía que o sábado pasado cumpriu 6 anos. ¡FELICIDADES GUAPA! Marcos de fotos. Little Girl

sábado, 13 de febrero de 2010

ENTROIDO

Este ano o tema elexido para toda a escola foi o entroido galego. Os de infantil e primeiro ciclo disfrazámonos de peliqueiros, os de segundo ciclo de pantallas e os de terceiro ciclo de madamas e galáns, ademáis os mestres especialistas vestíronse de vergalleiros. O disfraz tivo moito traballo, na casa fixéronnos o pantalón e o demáis na escola, nós fixemos os pompóns, pintamos a máscara, decoramos os chalecos. A verdade é que foi moi lucido.

lunes, 8 de febrero de 2010

Cumpre Sergio

O xoves día 4 Sergio cumpriu seis anos, ¡qué maior!. FELICIDADES Marcos de fotos. Sea World