miércoles, 29 de abril de 2009

Bolboretas

Fixemos unhas bolboretas moi bonitas para colgar do teito e decorar o cole de primavera. Usamos pintura acrílica, ceras duras, plastilina e polvillo de cores das ceras. A verdade é que nos deron bastante traballo, pero xunto coas que fixeron o resto dos nosos compañeiros de 3, 4 e 5 anos van a lucir estupendas, así que mereceu a pena.

martes, 28 de abril de 2009

Informática

Na sesión de informática de hoxe continuamos co programa Casa e Familia, que nos ven de maravilla aproveitando que comezamos un novo proxecto sobre as casas. Estivemos amoblando as distintas habitacións da casa e, despois, creamos unha familia poñendo distintas partes do corpo.

miércoles, 22 de abril de 2009

Informática

Esta semana en informática comezamos a traballar co programa "Casa y Familia", no cal se constrúen casas,amóblanse, créase unha familia, vistese, etc. Nesta primeira sesión construimos unha casa de campo, un edificio e un castelo, poñendo primeiro as partes da casa e o entorno, coloreando e, por último, explorando os distintos obxectos que estaban animados.

lunes, 20 de abril de 2009

Hoxe visitamos a biblioteca municipal de Mos con motivo do Día do Libro. Ensináronnos as instalacións, e despois Carapuchiña Vermella contounos dous contos, O Pequeno Pigmeo e O Coelliño Branco. Tamén nos van a facer un carnet para que poidamos ir cos nosos pais e nais e levar libros para casa. Antes de marchar regaláronnos un lapiceiro chulísimo e dous caramelos ¡qué ricos!, o que pasa é que como eran duros a mestra non nos deixou comer ningún e tivemos que levalos para casa, qué pena.

jueves, 16 de abril de 2009

Hoxe tivemos unha saída para ver ó grupo Migallas representando a obra de teatro "O Libro Máxico". Xa os coñeciamos porque o ano pasado tamén nos fixeron unha actuación, e ademáis gustannos moito as súas cancións, xa que as escoitamos na clase moitas veces, sobre todo a do Libro máxico e Dime qué fixeches. Nesta ocasión foi unha obra de teatro e foi moi divertida, aínda que Carla e Álex tiveron un pouco de medo cando se apagaba a luz e se escoitaban sons fortes.

martes, 14 de abril de 2009

Informática

Ola a todos, xa estamos de volta. Hoxe en informática fixemos actividades na pizarra dixital do conto "Jack y la habichuela mágica", e despois nos ordenadores xogamos cunha nova pizarra que descubrimos, a Doodle Maker, na que se pode pintar con rotuladores, tiza ou pintura, poñer debuxos e utilizar diferentes plantillas, gustounos moitísimo.

sábado, 4 de abril de 2009

O libro do proxecto quedounos moi bonito, fixemos un bosque no que hai varios personaxes dos contos, que se poñen e se quitan para poder xogar con eles e cambialos de lugar.

CUMPREANOS

Onte celebramos o cumpreanos de Lara, aínda que en realidade é o día oito, pero como estaremos de vacacións pois xa o adiantamos. ¡Moitas felicidades!