viernes, 27 de febrero de 2009

XA ESTAMOS DE VOLTA

Hoxe estreamos os novos disfraces que mercamos para o noso rincón de disfraces, o de mosqueteiro que puxo Sergio e o de indio que estreou Lara, Sarai tamén estaba moi guapa co de princesa.
A "profe" Rosa estivo hoxe de cumpreanos, e trouxo unhas tartas moi ricas, aínda que os seus rapaces son moi comilóns sobrou algo tamén para nós, como lle cantamos o cumpreanos feliz deunos un pedazo de tarta de chocolate, coa que chupamos os dedos (polo rica que estaba e para que quedaran ben limpos).

domingo, 22 de febrero de 2009

sábado, 21 de febrero de 2009

ENTROIDO

Aquí tedes as fotos do Entroido,este ano o tema era "Bailes do Mundo", e nós escollemos a salsa, a verdade é que foi moito traballo pero mereceu a pena porque estabamos guapos a rabiar con tanto colorido. Tamén había sevillanas, danzas tribales, charlestón, country, baile ruso, e moitos máis. Este ano o tempo decidiu acompañarnos e poidemos facelo no patio,así que os bailes luciron moito máis, pasámolo moi moi ben.

jueves, 19 de febrero de 2009

FACEMOS MARACAS

Durante esta semana estivemos facendo unhas maracas para o disfraz de entroido. Primeiro inflamos globos e forrámolos con anacos de papel de periódico mollados en cola de empapelar, cando estiveron secos metímoslles puntiños de pasta e puxémoslles o palo e cinta de cores e, por último, pintámolas con témpera da cor que máis nos gustou. A verdade é que soan moi ben.

miércoles, 18 de febrero de 2009

O MECO ORDEA

Hoxe o Meco deu a orde de vir vestidos de "Mario Mandiles" (con mandil, pano de limpar o pó, bata, rulos, plumeiro..., e o que se nos ocurrise), e aquí estamos, saímos tan guapos que todos querían retratarnos.

ILUSTRADORA

Hoxe veu a ilustradora Noemí López, que traballa coa editorial Everest. Para preparar a sesión cada aula aprendeu unha canción ou poesía do libro "Arrolos e Rodas" ilustrado por ela, e fixo un mural para decorar o ximnasio. Noemí estivo facendo debuxos e contándonos algúns trucos, e tamén poidemos debuxar algúns de nós.

viernes, 13 de febrero de 2009

CUMPREANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos de LUCÍA ¡MOITAS FELICIDADES!

jueves, 12 de febrero de 2009

AUDICIÓN E LINGUAXE

Os mércores temos unha sesión de audición e linguaxe (para falar e expresarnos mellor)co mestre Arcadio, e pasámolo moi ben, porque é moi divertido, sempre nos trae algunha sorpresa e presentanos ós seus amigos, como o Señor Mago, Pepo, Dino..., toda a semana esperamos con impaciencia que chegue ese día. ¡Grazas Arcadio, por facer que disfrutemos tanto!

martes, 10 de febrero de 2009

O NOSO CORPO

Hoxe tivemos sesión de informática. Na pizarra dixital estivemos debuxando o noso corpo a partir dunha foto da cabeza. Quedamos todos moi guapos aínda que como vedes algún de nós non ten mans nin pés ¡qué despiste! Despois estivemos nos ordenadores xogando con "El mundo de fantasmin", que é moi entretido.

viernes, 6 de febrero de 2009

RICIÑOS DE OURO

Xa casi rematamos de pintar a "Riciños de Ouro e os Tres Osos", este conto tamén nos gustou moito. Vainos quedar a clase moi bonitiña con todos estes debuxos, desta saen algúns pintores profesionais porque cada vez o facemos mellor.

miércoles, 4 de febrero de 2009

PIZARRA DIXITAL

Outro conto que estivemos coñecendo é o dos Tres Porquiños. Entre diversas actividades que fixemos están as da pizarra dixital,que nos encanta, porque podemos mover cousas co dedo,pintar tamén co dedo ou con rotuladores, e algúns debuxos móvense e falan, é divertidísimo. Neste caso tivemos que unir cada casa co material do que foi feita, levar a cada porquiño á súa casa, facer un puzzle, unir cada personaxe coa súa frase, ordenar viñetas do conto, e máis cousas.

martes, 3 de febrero de 2009

Pintando a Pinocho

Como xa sabedes estamos a traballar un novo proxecto titulado "Contamos contos" que trata sobre os contos tradicionais,por elo decidimos decorar a aula cos debuxos dos personaxes que imos coñecendo. Agora tocoulle a Pinocho, e quedou moi, moi bonito, ¿non vos parece?

lunes, 2 de febrero de 2009

DÍA DA PAZ

O venres 30 celebramos o día da Paz. Cada clase pintou o día anterior plumas dunha cor distinta e pegounas en trozos de papel. O venres baixamos ó ximnasio e fomos pegando os trozos na pomba da Paz. Quedou unha pomba multicolor preciosa. Despois pintámonos a cara co símbolo e as letras da Paz e, por último, cantamos todos xuntos a canción "Verdad que sería estupendo", de Cómplices.

domingo, 1 de febrero de 2009

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Cando voltamos das vacacións de Nadal encontrámonos cunha sorpresa, os Reis Magos deixaron agasallos na clase para tódolos nenos e nenas, debe ser porque nos portamos bastante ben. Abrímolos en cuestións de segundos, qué impaciencia. ¿Queredes saber qué era?, pois un avión dos lunnies e un baúl con disfraces de princesas, ¡qué chulada!