lunes, 22 de junio de 2009

Fin de Curso

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more Xa remata o curso, hoxe foi o festival coas distintas actuacións, nós bailamos unha canción dos pitufos, a verdade é que saiu moi ben, aínda que ó principio houbo algúns problemas técnicos.

miércoles, 17 de junio de 2009

Excursión a Salvaterra

Onte fomos todo o cole de excursión ó parque da Canuda en Salvaterra. Pasámolo moi ben aínda que fixo moito calor e chegamos cansadísimos. Estivemos xogando no parque, demos un paseo en barca, vimos os patos e cisnes, e tamén os outros animaliños. Despois xantamos todos xuntos á sombriña, e xogamos outro pouco, antes de voltar á escola.

lunes, 15 de junio de 2009

CUMPREANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos de Samara, que mañá cumpre 5 anos.
¡MOITAS FELICIDADES!
Marcos de fotos. Green Fairy

martes, 9 de junio de 2009

RODILLO DE PINTOR

Seguindo coa construcción da casa,tamén fixemos o rodillo do pintor. Pegamos gomets de distintas cores no mango, o resto pintámolo de marrón, e na parte que roda puxémoslle churros de plastilina blanca, quedou chulísimo!

Barro e Cerámica

Hoxe fixemos a exposición dos traballos realizados na actividade de barro e cerámica:

martes, 2 de junio de 2009

Paleta de albanel

Onte estivemos a facer a paleta do albanel, o último oficio que coñecemos da construcción. Pusémoslle plastilina marrón no mango e trociños de papel prateado no resto, quedou moi ben.