jueves, 19 de febrero de 2009

FACEMOS MARACAS

Durante esta semana estivemos facendo unhas maracas para o disfraz de entroido. Primeiro inflamos globos e forrámolos con anacos de papel de periódico mollados en cola de empapelar, cando estiveron secos metímoslles puntiños de pasta e puxémoslles o palo e cinta de cores e, por último, pintámolas con témpera da cor que máis nos gustou. A verdade é que soan moi ben.

1 comentario:

  1. Aquí parece haber moita maxia! Maxia mesmo construtora.

    ResponderEliminar