sábado, 13 de febrero de 2010

ENTROIDO

Este ano o tema elexido para toda a escola foi o entroido galego. Os de infantil e primeiro ciclo disfrazámonos de peliqueiros, os de segundo ciclo de pantallas e os de terceiro ciclo de madamas e galáns, ademáis os mestres especialistas vestíronse de vergalleiros. O disfraz tivo moito traballo, na casa fixéronnos o pantalón e o demáis na escola, nós fixemos os pompóns, pintamos a máscara, decoramos os chalecos. A verdade é que foi moi lucido.

2 comentarios:

  1. ¡QUE FESTA MÁIS GUAI!
    OS TRAXES MÍRANSE CHULÍSIMOS, DEBESTES TRABALLAR UN MONTÓN, PERO PAGOU A PENA.
    ESTADES TODOS E TODAS SUPERGUAPOS.
    LÉMBROME MOITO DE VOS.
    MOITOS BICOS.
    CARMINA.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Carmina, a verdade é que foi un traballón pero mereceu a pena co guapos que estabamos todos.
    Nós tamén nos lembramos moito de ti.
    Unha aperta moi grande

    ResponderEliminar