jueves, 12 de febrero de 2009
AUDICIÓN E LINGUAXE
Os mércores temos unha sesión de audición e linguaxe (para falar e expresarnos mellor)co mestre Arcadio, e pasámolo moi ben, porque é moi divertido, sempre nos trae algunha sorpresa e presentanos ós seus amigos, como o Señor Mago, Pepo, Dino..., toda a semana esperamos con impaciencia que chegue ese día.
¡Grazas Arcadio, por facer que disfrutemos tanto!
martes, 10 de febrero de 2009
O NOSO CORPO
Hoxe tivemos sesión de informática. Na pizarra dixital estivemos debuxando o noso corpo a partir dunha foto da cabeza. Quedamos todos moi guapos aínda que como vedes algún de nós non ten mans nin pés ¡qué despiste! Despois estivemos nos ordenadores xogando con "El mundo de fantasmin", que é moi entretido.
viernes, 6 de febrero de 2009
RICIÑOS DE OURO
miércoles, 4 de febrero de 2009
PIZARRA DIXITAL
Outro conto que estivemos coñecendo é o dos Tres Porquiños. Entre diversas actividades que fixemos están as da pizarra dixital,que nos encanta, porque podemos mover cousas co dedo,pintar tamén co dedo ou con rotuladores, e algúns debuxos móvense e falan, é divertidísimo. Neste caso tivemos que unir cada casa co material do que foi feita, levar a cada porquiño á súa casa, facer un puzzle, unir cada personaxe coa súa frase, ordenar viñetas do conto, e máis cousas.

martes, 3 de febrero de 2009
Pintando a Pinocho
Como xa sabedes estamos a traballar un novo proxecto titulado "Contamos contos" que trata sobre os contos tradicionais,por elo decidimos decorar a aula cos debuxos dos personaxes que imos coñecendo. Agora tocoulle a Pinocho, e quedou moi, moi bonito, ¿non vos parece?
lunes, 2 de febrero de 2009
DÍA DA PAZ
O venres 30 celebramos o día da Paz. Cada clase pintou o día anterior plumas dunha cor distinta e pegounas en trozos de papel. O venres baixamos ó ximnasio e fomos pegando os trozos na pomba da Paz. Quedou unha pomba multicolor preciosa. Despois pintámonos a cara co símbolo e as letras da Paz e, por último, cantamos todos xuntos a canción "Verdad que sería estupendo", de Cómplices.
domingo, 1 de febrero de 2009
AGASALLOS DOS REIS MAGOS
Cando voltamos das vacacións de Nadal encontrámonos cunha sorpresa, os Reis Magos deixaron agasallos na clase para tódolos nenos e nenas, debe ser porque nos portamos bastante ben. Abrímolos en cuestións de segundos, qué impaciencia. ¿Queredes saber qué era?, pois un avión dos lunnies e un baúl con disfraces de princesas, ¡qué chulada!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)