jueves, 16 de abril de 2009

Hoxe tivemos unha saída para ver ó grupo Migallas representando a obra de teatro "O Libro Máxico". Xa os coñeciamos porque o ano pasado tamén nos fixeron unha actuación, e ademáis gustannos moito as súas cancións, xa que as escoitamos na clase moitas veces, sobre todo a do Libro máxico e Dime qué fixeches. Nesta ocasión foi unha obra de teatro e foi moi divertida, aínda que Carla e Álex tiveron un pouco de medo cando se apagaba a luz e se escoitaban sons fortes.

martes, 14 de abril de 2009

Informática

Ola a todos, xa estamos de volta. Hoxe en informática fixemos actividades na pizarra dixital do conto "Jack y la habichuela mágica", e despois nos ordenadores xogamos cunha nova pizarra que descubrimos, a Doodle Maker, na que se pode pintar con rotuladores, tiza ou pintura, poñer debuxos e utilizar diferentes plantillas, gustounos moitísimo.

sábado, 4 de abril de 2009

O libro do proxecto quedounos moi bonito, fixemos un bosque no que hai varios personaxes dos contos, que se poñen e se quitan para poder xogar con eles e cambialos de lugar.

CUMPREANOS

Onte celebramos o cumpreanos de Lara, aínda que en realidade é o día oito, pero como estaremos de vacacións pois xa o adiantamos. ¡Moitas felicidades!

martes, 31 de marzo de 2009

Pizarra Dixital

Hoxe na pizarra dixital estivemos facendo as actividades do Xogo dos Contos, que traballa os contos de Carapuchiña Vermella, Brancaneves e os sete ananiños, Os Tres Porquiños, A Ratiña Presumida, Riciños de Ouro e Hansel e Gretel.

lunes, 30 de marzo de 2009

Hansel e Gretel

Por fin rematamos de pintar o mural de Hansel e Gretel. Este deunos moito máis traballo que os anteriores porque tiña moitos detalliños, pero aquí está, quedounos precioso, igual que os demáis.

martes, 24 de marzo de 2009

OS MÚSICOS DE BREMEN

Xa comezamos a traballar un novo conto: "Os músicos de Bremen". Na pizarra dixital estivemos facendo actividades sobre o conto. Primeiro lémolo, foi moi divertido porque escoitamos os sonidos que facían os animais e os instrumentos, logo fixemos puzzles das diferentes esceas, unimos cada sonido co personaxe adecuado, escoitamos frases e unímolas cos debuxos correspondentes, etc.