jueves, 28 de mayo de 2009

Cumpreanos

Hoxe foi o cumpreanos de Laura e Marta, xa teñen 5 anos, qué maiores. ¡MOITAS FELICIDADES!

Marcos de fotos. Baby Rabbit

miércoles, 27 de mayo de 2009

Conto

Hoxe viñeron varios nenos e nenas de 5ºA a contarnos o conto de Hansel e Gretel, fixeron unha dramatización moi divertida e ata bailaron unha canción. Antes de marchar pintáronnos unha verruga de bruxa no nariz.

martes, 26 de mayo de 2009

PARRULIÑOS

Estivemos mirando os parrulos que trouxo Xesús da súa finca, están recén nacidos, qué bonitiños son, puidemos acariciar e tocar algún, pero o máis divertido foi cando un parrulo asustado fixo caca na man da mestra, fartamonos de rir, aínda que a ela non lle fixo tanta gracia.

domingo, 24 de mayo de 2009

O venres fomos o Centro Cultural Caixanova a ver a obra de teatro "La gallina churra", unha obra de títeres sobre unha galiña que case come unha culebriña e ten que escapar da súa nai, a señora culebra, que a quere comer, para elo conta coa axuda do seu amigo Ratorratón, que decide disfrazala para que non a atope. Estivo moi divertida, gustounos moito.

Logo puxémonos un pouco tristes porque tivemos que despedir á "profe" Marta que xa rematou a sustitución no cole e tivo que marchar, desexámoslle moita sorte ¡BICOS!

miércoles, 20 de mayo de 2009

POESÍA

Hoxe aprendemos unha poesía titulada "MI CASA DIVERTIDA":
En mi ventana
tengo una rana.
En mi sillón
hay un dragón.
En la nevera,
una pecera,
y en mi pasillo,
tengo un castillo.
¡Corre, que te pillo!

Despois fixemos unha ficha sobre ela, coloreamos a casa e os elementos da poesía, para despois picalos e colocalos no lugar correspondente.

martes, 19 de mayo de 2009

CHOZA

Seguimos a coñecer tipos de casas, xa vimos a casa baixa, o edificio, o iglú, o tipi, e hoxe foi a choza. As chozas soen ter o tellado de palla e a estructura pode ser de adobe, de pedras, de ladrillo. Na nosa choza pusemos palla no tellado e plastilina de cor marrón nas paredes coma se fora o adobe.

viernes, 15 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 09

Este ano o Día das letras Galegas está adicado ó escritor Ramón Piñeiro (1915-1990). Cada aula do cole fixo un mural en cartulina contando unha parte da súa vida, aquí esta o noso:
Ademáis, hoxe fixemos un pequeno acto para conmemorar este día. Primeiro vimos un vídeo sobre a vida de Ramón Piñeiro. A continuación algúns rapaces leron algúns fragmentos da súa obra. Tamén vimos uns cortos que fixeron rapaces de 3º ciclo, sobre o conto Rapunzel, a vida naquela época, a crise, etc. Por último, entregáronse os premios do concurso literario de narrativa e poesía. Ah! é tamén comemos pan de millo ¡ESTABA BOÍSIMO!