sábado, 17 de abril de 2010

Cumpre, contacontos e entrega de diplomas

Onte foi un día moi axetreado e temos moitas cousas que contarvos. En primeiro lugar, onte foi o cumpreanos de Pedro, que xa chegou aos seis. FELICIDADES!!
Ademáis, tamén nos visitou un contacontos que nos falou do conto de "Cormarín", que xa viramos en clase e para o que fixemos un mural moi bonito, entre outras cousas, e que traía con él a un amigo moi especial, xa veredes.

E, por último, dicirvos que MercaMos botou o peche despois de varias semanas de mercar e vender, e como traballamos tanto, cada un de nós recibiu un diploma que así o acredita. Qué pena nos da, co que nos gustou esta experiencia!

jueves, 8 de abril de 2010

Cumpre Lara

Hoxe é o cumpreanos de Lara, cada vez somos máis os que chegamos aos seis anos. FELICIDADES!!! Marcos de fotos. Red Fairy

domingo, 28 de marzo de 2010

DEGUSTACIÓN

O venres en MercaMos houbo degustación de produtos das distintas tendas, na panadaría houbo tarta de queixo, de piña, pan e empanada; na charcutería diversos embutidos; na carnizaría salchichas, tetilla e nata montada; na peixaría atún e mexilóns; na frutaría unha rica macedonia e na verdularía empanada de champiñóns, quiche de espinacas e tortilla con pementos. Na hora da merenda salimos a probar de todo un pouco, "puxémonos as botas", estaba todo delicioso. Isto hai que repetilo!!

jueves, 25 de marzo de 2010

Cumpreanos

Hoxe celebramos o cumpreanos de Brenda.MOITAS FELICIDADES! Marcos de fotos. Baby Little Fairy E ademáis, Alisson trouxo unha tarta de chocolate coa que chupamos os dedos. Mmmmmm!!

lunes, 22 de marzo de 2010

Día da Poesía

Hoxe celebramos o día da poesía cun acto no salón de usos múltiples. Tódolos nenos e nenas do cole recitamos as nosas poesías. Esta é a nosa, a ver si vos gusta:
Antón comilón,
come, come, comilón
come pan y come queso,
chocolate y caramelo.
Antón comilón,
come, come, comilón,
en la panadería
come bollos y rosquillas,
y en la pastelería
todo, todo comería.
Antón comilón,
come, come, comilón,
come azúcar y turrón,
come, come, comilón.

martes, 16 de marzo de 2010

Títeres

Hoxe asistimos a unha representación de títeres de Tanxarina á que nos invitou o concello. Trataba acerca do circo e estivo moi divertida, ata unha nena de terceiro saiu para colaborar nun número e case queda sen nariz, todo de broma claro.

lunes, 15 de marzo de 2010

GRAN INAUGURACIÓN

O venres o director inaugurou oficialmente o noso mercado: MERCA-MOS. Como vedes temos de todo, verdulería, froitaría, carnizaría, peixaría, charcutería e panadería-pastelaría. Durante os vindeiros días dedicarémonos a mercar e vender os produtos que fixemos nós mesmos, co diñeiro que elaboramos para elo. Primeiro fixemos un ensaio no noso posto para ver como nos desenvolviamos e, a partires de hoxe, xa podemos mercar en todos os postos. ¡Ímolo pasar de medo!