martes, 31 de marzo de 2009
Pizarra Dixital
Hoxe na pizarra dixital estivemos facendo as actividades do Xogo dos Contos, que traballa os contos de Carapuchiña Vermella, Brancaneves e os sete ananiños, Os Tres Porquiños, A Ratiña Presumida, Riciños de Ouro e Hansel e Gretel.
lunes, 30 de marzo de 2009
Hansel e Gretel
Por fin rematamos de pintar o mural de Hansel e Gretel. Este deunos moito máis traballo que os anteriores porque tiña moitos detalliños, pero aquí está, quedounos precioso, igual que os demáis.

martes, 24 de marzo de 2009
OS MÚSICOS DE BREMEN
Xa comezamos a traballar un novo conto: "Os músicos de Bremen". Na pizarra dixital estivemos facendo actividades sobre o conto. Primeiro lémolo, foi moi divertido porque escoitamos os sonidos que facían os animais e os instrumentos, logo fixemos puzzles das diferentes esceas, unimos cada sonido co personaxe adecuado, escoitamos frases e unímolas cos debuxos correspondentes, etc.
lunes, 23 de marzo de 2009
Facemos un valo
Estivemos pintando un valo para decorar o corredor das nosas aulas, utilizamos moitas cores, parece un arco da vella. Despois poremos flores e animaliños para que quede máis bonito.

jueves, 12 de marzo de 2009
Hoxe tivemos unha actividade con barrio e cerámica que nos fixo o papá de Noa, da clase de 3 anos. O tema elexido foi mar, primeiro pintamos un azulexo cunhas pinturas e tizas especiais para elo, debuxamos peixes, tiburóns, auga,etc. Despois estivemos modelando o barro para facer diversas figuras do mar, sobre todo saíron polbos e tartarugas, e tamén algunha estrela. Outro día temos que metelas a cocer no forno para que xa queden rematadas.
miércoles, 11 de marzo de 2009
DESEÑO HOLANDÉS
Hoxe fixemos unha saída á Fundación Pedro Barrié de la Maza para ver a exposición "Diseño Holandés: en la calle como en casa", na que se mostran pezas do deseño holandés actual agrupadas en sete áreas: Protexe, Inteáctúa, Traballa, Come, Xoga, Ilumina e Descansa.
En primeiro lugar fixemos un percorrido pola exposición (foi unha pena que non permitiran facer fotos). A primeira peza que vimos foi un tobogán con dúas rampas para tirarse, e o mellor de todo foi que poidemos probalo, foi divertidísimo. Despois vimos unha lámpada feita con botellas de leite, unhas cadeiras que parecía persoas, unha fonte-banco, e moitas máis cousas. Tras rematar o percorrido fixemos un taller no que construímos unha cadeira con diversos debuxos e a decoramos.
Tras a visita fomos á Alameda a merendar e xogar un pouco,porque facía un día precioso.
martes, 10 de marzo de 2009
INFORMÁTICA
Hoxe, na sesión de informática, estivemos facendo unha actividade do programa CLIC, que se chama "Jugando aprendo", que consta de catro tipos de actividades: atopar o debuxo que é diferente, construir puzzles, facer parellas e dereita-esquerda. Mentres xogabamos, tamén estivemos de un en un na pizarra dixital co programa de debuxo Tux Paint, que é moi divertido porque ten unhas cousas moi chulas para poñer no debuxo que fagamos. Hoxe non deu tempo a que saíramos todos, así que o vindeiro martes tócalle ó resto.
viernes, 6 de marzo de 2009
BIBLIOTECA
Hoxe tivemos biblioteca, gústanos moito ir porque nos encantan os contos. Estivemos escollendo un libro para levar a casa a fin de semana, e logo miramos un montón de contos. Por último vimos na tele o conto de "Croco", un crocodilo moi simpático.

miércoles, 4 de marzo de 2009
O GATO CON BOTAS
Aquí tedes o proceso de realización do mural do gato con botas, estanos a quedar a aula moi colorida con todos estes personaxes de contos.
lunes, 2 de marzo de 2009
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Hoxe tivemos unha actividade de agricultura ecolóxica promovida pola ANPA. Primeiro puxéronnos un vídeo no que unha cenoria moi divertida nos explicaba en qué consisten os alimentos ecolóxicos, en compaña dunha castaña e un tomate. Logo saíu unha cenoria xigante (tranquilos, era unha persoa disfrazada)que nos fixo preguntas e, por último, regalounos unha camiseta moi chula. ¡A que estamos guapos con ela!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)