miércoles, 11 de marzo de 2009

DESEÑO HOLANDÉS

Hoxe fixemos unha saída á Fundación Pedro Barrié de la Maza para ver a exposición "Diseño Holandés: en la calle como en casa", na que se mostran pezas do deseño holandés actual agrupadas en sete áreas: Protexe, Inteáctúa, Traballa, Come, Xoga, Ilumina e Descansa. En primeiro lugar fixemos un percorrido pola exposición (foi unha pena que non permitiran facer fotos). A primeira peza que vimos foi un tobogán con dúas rampas para tirarse, e o mellor de todo foi que poidemos probalo, foi divertidísimo. Despois vimos unha lámpada feita con botellas de leite, unhas cadeiras que parecía persoas, unha fonte-banco, e moitas máis cousas. Tras rematar o percorrido fixemos un taller no que construímos unha cadeira con diversos debuxos e a decoramos. Tras a visita fomos á Alameda a merendar e xogar un pouco,porque facía un día precioso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario