Como xa sabedes comezamos un proxecto sobre o mercado, e a nosa aula escolleu a panadería e pastelaría. Durante estes días estamos a coñecer cousas sobre os produtos que se venden nela. Onte comemos un biscoito riquísimo que trouxo Sergio Troncoso e uns paliños de pan que trouxo Sergio Pinheiro, estaban boísimos. Hoxe fixemos unha degustación de pan, probamos o pan de millo, de centeo, de centeo con pasas, de cereais e de allo. Estaban todos moi bós, pero o que máis éxito tivo foi o pan de allo, e iso que picaba un pouco.
martes, 2 de marzo de 2010
sábado, 27 de febrero de 2010
Escultor
Onte veu ó cole o escultor Marcos Escudero a darnos unha charla sobre o seu traballo. Ensinounos as ferramentas que utilizan os canteiros e os seus nomes, explicounos como o fan e tamén trouxo algún dos seus traballos, ademáis de fotografías de outros moitos.

jueves, 18 de febrero de 2010
sábado, 13 de febrero de 2010
ENTROIDO
Este ano o tema elexido para toda a escola foi o entroido galego. Os de infantil e primeiro ciclo disfrazámonos de peliqueiros, os de segundo ciclo de pantallas e os de terceiro ciclo de madamas e galáns, ademáis os mestres especialistas vestíronse de vergalleiros. O disfraz tivo moito traballo, na casa fixéronnos o pantalón e o demáis na escola, nós fixemos os pompóns, pintamos a máscara, decoramos os chalecos. A verdade é que foi moi lucido.
lunes, 8 de febrero de 2010
domingo, 31 de enero de 2010
Día da Paz
O venres celebramos o Día da Paz. Cada neno do cole pintou a bandeira dun país do mundo, e colocámolas todas no corcho do salón de actos. Despois, baixamos todos e vimos unha presentación para celebrar este día, cantamos unha canción e vimos un pouquiño dunha película de Charles Chaplin en referencia a este tema.
jueves, 14 de enero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)