jueves, 7 de mayo de 2009

Proxecto Casa

Como sempre que comezamos un proxecto, aportamos un montón de cousas que nos axuden a aprender máis sobre o tema. Trouxemos libros e contos sobre tipos de casas, máquinas que traballan para construilas, contos; tamén moitas ferramentas, excavadoras e hormigoneras, ata un ladrillo. Sarai trouxo un montón de fotografías do proceso de construcción da súa casa que nos encantaron porque aprendimos que pasos seguir para construila, e Raúl trouxo uns debuxos dos materiais e ferramentas que empregan os traballadores que están chulísimos. Mirade:

No hay comentarios:

Publicar un comentario