martes, 12 de mayo de 2009

Informática

Xa rematamos o programa Casa e Familia. Despois de construir a casa, amoblar as habitacións, crear a familia e vestila, hoxe fixemos que os membros da familia realizaran distintas accións en varias habitacións ( por ex. o neno xogar no salón, a nena lavarse no baño, o can correr no xardín...). Tamén ordenamos secuencias de tres viñetas e, por último, fixemos un xogo de memoria facendo parellas. Na pizarra dixital estivemos debuxando a nosa casa, a verdade é que algunhas saíron un pouco raras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario